A comezos dos 60 debutaba na axitada escena musical un mozo que ía revoluciona-lo rock co seu xeito de toca-la guitarra. Facía a súa aparición Jimi Hendrix, un dos primeiros talentos musicais que viu nacer a cidade de Seattle. O seu primeiro LP Are You Experienced (1967) editado coa súa banda The Jimi Hendrix Experience é toda unha lección de guitarra moderna que se atopa en cada unha das cancións dese disco, algunhas auténticas xoias do rock. Unha na que é máis evidente o bo facer de Hendrix á guitarra é "Third Stone from the Sun".
E precisamente o talento de Hendrix que se reflicte nesta canción, recoñéceno outros artistas que basean as súas propias composicións nos riff de guitarra de "Third Stone from the Sun", como é o caso de The Allman Brothers Band, un grupo de rock instrumental que en 1970 gravou este "Mountain Jam".
Ningún comentario:
Publicar un comentario