O movemento New Wave de finais dos anos 70 e comezos dos 80 deixounos unha lista de grandes gupos e artistas, cada cal co seu estilo, que contribuíron a que este movemento fose do máis variado. Un deses grupos é The Romantics cuxo maior éxito foi a canción "What I Like About You", incluído no álbum epónimo con que esta banda de Michigan se estreaba cun LPen 1980. Mais "What I Like Abou You" é un compendio das influencias que mellor definiron o son de The Romantics. Para empezar, no retrouso temos a lembranza de dúas cancións: a primeira "Over, Under, Sideways, Down" dos Yardbirds, de 1966.
A segunda é "Dirty Water", de The Standells, un dos maiores éxitos de 1965.
Mais o caso é que o son de "What I Like About You" lembra moito o riff de guitarra de "Cherry Cherry", de Neil Diamond.
Pois o resultado de mesturar todos estes estilos apréciase en "What I Like About You".
A proba de que "What I Like About You" acadou un son propio diferenciado das cancións que lle dá soporte é "Cuidado con Paloma", unha das cancións máis recoñecibles de Emilio Aragón, que está no seu primeiro disco de pop/ rock Te Huelen los Pies (1991). Cunha letra en clave de humor, converteuse nunha das cancións do verán dese ano e confirmou a Aragón, que nese momento gozaba dunha gran popularidade grazas o seu traballo en televisión, nun dos compositores máis divertidos da música comercial, unha faceta que ía en detrimento doutras cancións excelentes, pero tamén máis maduras e que pola contra, apenas tiveron sona.
http://www.goear.com/listen/6ac4d12/cuidado-con-paloma-emilio-aragon
"Cuidado con Paloma" foi versionada por Doctor Pitangú no álbum Natural (2009).
http://www.goear.com/listen/8576be8/cuidado-con-paloma-doctor-pitangu
"Cuidado con Paloma" foi versionada por Doctor Pitangú no álbum Natural (2009).
http://www.goear.com/listen/8576be8/cuidado-con-paloma-doctor-pitangu
Ningún comentario:
Publicar un comentario