Unha desas primeiras bandas de finais dos 60 que apostaron polo hard rock foi Mountain. En realidade, Mountain era máis ben o nome artístico de Leslie West, un guitarrista de Nova York que decidiu labrar a súa carreira en solitario nun xénero dominado por grandes formacións, nun momento en que calquera artista que se dese a coñecer só co seu nome se asociaba a outro tipo de estilos musicais. Mais rodeado de grandes músicos coma el, Leslie West soubo manterse fiel ó rock, primeiro baixo a etiqueta de Mountain, logo como West, Bruce & Laing, e finalmente xa co seu nome. O maior éxito deste músico é "Long Red", unha canción que aparece no seu debut Mountain (1969).
A percusión que lle dá ritmo a esta canción volveuse moi pronto atractiva para a música de hip hop, que non tardou en incorporalo como sample a moitas cancións deste xénero, pero recentemente a batería de "Long Red" revive nun tema pop, "Born to Die", unha canción que lle dá título ó debut de Lana Del Rey, e que foi dos que máis repercusión tivo en 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario