The Only Ones, a banda británica comandada por Peter Perret dende 1976, tivo un éxito fulgurante coa publicación do seu primeiro disco en 1978 que levaba o mesmo nome da banda. A canción que os habería de encumbrar é o corte dous "Another Girl, Another Planet", que posteriormente tería versións de grupos como Lightning Seeds, Belle & Sebastian e Blink 182.
Sen ser unha versión e sen ter sequera un parecido moi acusado, Robert Smith, o líder de The Cure, atopou bastantes semellanzas na estrutura da canción de The Only Ones e "Just Like Heaven", canción de The Cure do álbum Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me (1987) e outro dos clásicos da banda que tamén contaría con versións destacadas coma a de Dinosaur Jr.
Ningún comentario:
Publicar un comentario