A canción de Jay Z "Empire State of Mind" que viamos na entrada anterior está dedicada a Nova York, posiblemente a cidade máis cosmopolita do mundo, pero nin moito menos é a única canción que se escribiu sobre a cidade dos rañaceos, xa que esta inspirou dende moi cedo a músicos e compositores; así que imos repasar algunhas destas cancións que homenaxean a Nova York.
A primeira delas é o todo un himno por excelencia e tamén a banda sonora cando se fala desa fantástica cidade. Un clásico con maiúsculas a cargo de Frank Sinatra. "New York, New York" aparecía na película do mesmo nome de Martin Scorsesse de 1977 cantada por Liza Minelli, pero gañou fama coa versión de Sinatra de 1980 Trilogy: Past Present Future.
http://www.goear.com/listen/f749705/new-york-new-york-frank-sinatra
A seguinte que vos presentamos é a de Ryan Adams. O compositor canadense tamén titulou así a un tema que aparecía no seu segundo traballo Gold (2001).
http://www.goear.com/listen/9fba2d9/new-york-new-york-ryan-adams
Como non podía ser menos, o neoiorquino Moby tamén lle rendía tributo á súa cidade no disco recompilatorio Go. The Very Best of Moby (2006) acompañado doutra célebre veciña de Nova York, Debbie Harry.
http://www.goear.com/listen/0498e30/new-york-new-york-moby
A británica Paloma Faith tamén facía o seu debut cunha homenaxe a Nova York con "New York" en Do You Want the Truth or Something Beautiful? (2009) cun sensacional coro gospel.
http://www.goear.com/listen/bcfb4e5/new-york-paloma-faith
Outras canción, no entanto, ambientan as súas historias en Nova York dándolle total protagonismo á cidade. Por exemplo, o tema de Sting "Englishman in New York", un tema moi sampleado posteriormente e que está no seu segundo álbum en solitario ...Nothing Like the Sun (1987).
http://www.goear.com/listen/c08baa7/englishman-in-new-york-sting
En España, Los Rebeldes gravaron "Un Español en Nueva York" no seu álbum Más Allá del Bien y del Mal (1988).
http://www.goear.com/listen/855eb19/un-espaaol-en-nueva-york-los-rebeldes
Ese mesmo ano, Mecano publicaba Descanso Dominical onde unha das súas cancións máis aclamadas é "No Hay Marcha en Nueva York", unha hilarante historia asinada por José María Cano.
http://www.goear.com/listen/c32bb59/no-hay-marcha-en-nueva-york-mecano
Pet Shop Boys tamén homenaxearon a esta cidade con "New York City Boy" do álbum de 1999 Nightlife.
http://www.goear.com/listen/8976c60/new-york-city-boy-pet-shop-boys
E xa para rematar, deixámosvos co tema de REM "Leaving New York" do álbum Around the Sun (2004).
http://www.goear.com/listen/d4b51b1/leaving-new-york-rem

Ningún comentario:
Publicar un comentario