Tom Petty e a súa banda The Heartbreakers acababan de conseguir un éxito inusitado con "Free Fallin'" e de editar un novo disco en 1991 sen tanta sona cando en 1993 decidiron publicar un álbum de grandes éxitos producido entre outros por Rick Rubin e Dave Stewart. Este recompilatorio contén unha canción inédita: "Mary Jane's Last Dance".
Se en 2001 Tom Petty tivo a ocasión de comprobar que The Strokes se inspiraban demasiado nun dos seus temas para o seu debut, cinco anos despois volveu experimentar algo semellante cos acordes de "Dani California", o single de presentacion de Stadium Arcadium (2006), noveno traballo discográfico de Red Hot Chili Peppers. O parecido pode deberse a que ámbalas dúas cancións comparten produtor, Rick Rubin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario