En 1991 publicábase o derradeiro álbum de estudio dunha banda mítica que dende 1977 impregnou coas súas guitarras e o carisma do seu líder Mark Knopffler a escena rock mundial. Malia que Dire Straits seguirían publicando recompilatorios desde entón, pódese dicir que tras apostar forte pola carreira en solitario de Knopffler en 1996 é difícil crer na posibilidade de que Dire Straits volvan con material novo. De tódolos xeitos, On Every Street (1991) foi todo un éxito con trallazos como "Calling Elvis" e este "The Bug", unha das cancións máis optimistas da banda e que hoxe che traemos por aquí. Un gran álbum que achegou a Dire Straits a un público novo que puido descubrir unha traxectoria dunha das bandas máis grandes de Gran Bretaña.
Tan só un ano despois da súa publicación, a cantautora Mary Chapin Carpenter fixo unha notable versión de "The Bug" e que publicaría o seu disco de 1993 Come On, Come On.
Ningún comentario:
Publicar un comentario