Moitas veces vemos con frecuencia como a unha canción orixinal se lle cambia a letra manténdolle a mesma melodía. Isto dá lugar a un novo tipo de versión que en ocasións se lle denomina "homenaxe" á fonte primixenia e noutros "plaxio" se non conta co consentimento dos autores orixinais. Máis raro é atopar unha mesma letra cunha melodía diferente. Algo así lle ocorreu a The Pretenders coa canción "Talk of the Town", do disco Pretenders II (1981), ó que anos máis tarde unha parte da súa letra ía aparecer noutra canción, pero neste caso, de Garbage. Xaora, a banda de Shirley Manson, consciente do barullo que se podería montar, contactatou con Chrissie Hynde para pedirlle permiso, cousa que a líder de The Pretenders lles concedeu ós rapaces de Garbage sen problema, evitando unha polémica que non beneficiaría a ninguén.
http://youtu.be/RtWIkLh2u30
E xa co permiso conseguido, Garbage gravou tranquilamente "Special", unha das cancións destacadas do álbum 2.0 (1998).
http://youtu.be/XneoyanCy6E
E xa co permiso conseguido, Garbage gravou tranquilamente "Special", unha das cancións destacadas do álbum 2.0 (1998).
http://youtu.be/XneoyanCy6E