Onte ó revisa-la canción de The Temptations "Papa Was a Rolling Stone" diciamos que a súa influencia deixábase notar en moitos artistas dos 70, coma por exemplo Donna Summer. E seguramente a mellor canción da cantante americana que reflicte esa influencia sexa "Love to Love You Baby", un sensual tema que lle daba nome ó seu segundo disco e o primeiro publicado internacionalmente, xa que o seu debut só se editou nos Países Baixos. Era o ano 1975 e "Love to Love You Baby" ía ter unha gran acollida tanto en Europa coma en Estados Unidos, tanto que enseguida Donna Summer se ía converter nunha das raíñas indiscutibles da pista de baile.
http://youtu.be/UPXizlnS7go
A influencia que ía ter "Love to Love You Baby" tamén ía ser enorme. Pronto comezaron a circula-las versións, así como o emprego de samples.Un dos primeiros foi Digital Underground en "Freaks of the Industry" no álbum Sex Packets (1990).
http://youtu.be/NxVsQ4ujCs8
Pero máis repercusión tivo o single de U2 "Discoteque" co que presentaban o disco Pop (1997). Cunha estética no videoclip na que Bono e compañía homenaxeaban os Village People, a canción tiña de fondo o éxito de Donna Summer.
http://youtu.be/p2AjpPNDe-8
Do ano 1999 é o disco de TLC Fanmail. Nel está a canción "I'm Good at Being Bad" que contén o sample máis claro da canción de Donna Summer, aínda que non é a única da que se serviron.
http://youtu.be/A8wCm34vWGw
E é que moitos recoñecerían na canción de TLC os restos dun tema de Janet Jackson, concretamente "What About", pertence o disco The Velvet Rope (1997).
http://youtu.be/V9W0QxGAebo

Ningún comentario:
Publicar un comentario