O devir da historia da humanidade, con acontecementos que supuxeron un pulo para o avance da civilización coa paradoxa de que unha gran maioría foron actos atroces agochan un atractivo que lles serviu a escritores e compositores de inspiración para as súas obras. A conquista de Hernán Cortés no México sometendo ó imperio azteca cunha crueldade que estremece é o tema central da canción que Neil Young gravou no seu disco Zuma (1975) e que titulou "Cortez the Killer", remarcando o carácter sanguinario do personaxe co apodo de asasino.
A carreira dos Beatles e de Neil Young, entre outros, marcou especialmente o son da banda baionesa Niño y Pistola e iso reflíctese moi ben no tema "We've Had Enough", que pecha o último traballo discográfico que publicaron: There's a Man With a Gun Over There (2013). Concretamente os acordes de "Cortez the Killer" parecen filtrarse limpamente nesta canción, a mellor que recorda ó xenial Neil oung.
Ningún comentario:
Publicar un comentario