O compositor Gioachino Rossini deixou para a posterioridade unha ópera das máis populares, mesmo entre a poboación que non ten a música clásica entre as súas preferencias musicais. "Il barbiere di Seviglia", estrenada en Roma en 1816 e baseada nun libreto do francés Beaumarchais de 1775 e cunha trama recorrente tanto na literatura coma no mundo operístico, "as vodas de Fígaro" de Mozart, coñeceu un éxito rotundo que non se esqueceu co paso do tempo. Incluso a emerxente industria dos debuxos animados nos anos 30 e 40 botou man dela para que o público infantil se fose familiarizando, alomenos, coa súa música, contribuíndo así a súa popularidade. Unha das pezas máis reproducidas é a abertura "Largo al factorum", tamén presente na música contemporánea.
http://youtu.be/aXA02bkO7X4
Mika, considerado pola crítica coma un sucesor de Freddie Mercury polo gusto que mostra pola música clásica, presentouse na escena musical con "Grace Kelly", unha canción cunha melodía que se inspira na famosa aria de Rossini. É o tema estrela do seu debut Life in Cartoon Motion (2007).
http://youtu.be/UHtPSmP5nLw

Ningún comentario:
Publicar un comentario