Un dos grandes discos dos 90 é Different Cass (1995) de Pulp. Con este álbum a banda de Jarvis Cocker deixou claro que o brit pop non era só un movemento que se limitase á musica de Oasis e de Blur, que eran os grupos máis coñecidos e que maior número de vendas acaparaban en toda Europa. Cunhas cancións de aparencia sinxela, pero cunha calidade enorme, cantadas cun estilo que se achegaba ós crooners, "Common People", "Mis-Shapes" e "Disco 2000", principalmente, coláronse na vida de milleiros de persoas que ían vendo en Pulp unha das bandas chamadas a perdurar no tempo. "Something Changed" foi o último single que se extraeu dese extraordinario disco.
"Something Changed" conta cunha versión en castelán bastante fiel a cargo de Astrud, que a versionaron no recompilatorio dos seus éxitos Algo Cambió - Caras y Rarezas (1996-2005) publicado en 2006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario