Tras deixar atrás a formación que montara con Andrew Ridgeley, Wham!, George Michael sorprendeu á crítica e o público con Faith (1987), un disco no que o artista de orixe grega acada unha madurez que constrasta co desenfado xuvenil do seu anterior proxecto. O primeiro single, "I Want to Sex" podía interpretarse coma unha fase entre o antigo George Michael e o que se se ía mostrar no resto do disco, a mesma fase que se aprecia nos derradeiros discos de Wham cando George Michael sorprende con cancións como "Careless Whisper". O segundo single extraído, a canción coa que se abre o primeiro traballo discográfico en solitario e a que lle dá título, recorre ó son que Bo Diddley fundou e que tan bo rendemento lle sacaron os músicos.
Existe unha versión bastante curiosa de "Faith" a cargo de Limp Bizkit que os de Florida incluíron no seu disco de debut Three Dollar Bill, Yall (1997).
Recentemente, "Faith" serviu de base para a canción de Joe McElderry "Until the Stars Run Out" do seu debut Wide Awake (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario