As bandas de heavy metal caracterízanse ante todo pola súa lonxevidade e con elas a famosa sentenza que di que os vellos rockeiros nunca morren cobra todo o seu sentido. Iron Maiden, que foi unha das primeiras en levar o heavy ó máis alto, segue dando guerra cuns concertos cheos de enerxía, que para si quixeran grupos máis novos. Polo tanto, non está nada mal recuperar algún dos seus grandes clásicos, como "Aces High", un dos singles do álbum Powerslave (1984). Sen dúbida, "Aces High" é unha das mellores creacións compostas por Steve Harris e tamén, unha das cancións máis recoñecibles de Iron Maiden para aquel público que non está familiarizado co heavy.
E unha das bandas cuxo son máis lle debe a Iron Maiden é My Chemical Romance. A banda de Gerard Way, malia que non se dedique ó heavy máis puro, ten como referente a Iron Maiden en moitas das súas cancións. En "Helena", unha das principais cancións do álbum Three Cheers for Sweet Revenge (2004), percíbese a herdanza que recibe sobre todo de "Aces High".
Ningún comentario:
Publicar un comentario