Unha das primeiras mulleres que se dedicaron ó rock foi Jackie DeShannon. A finais dos anos 50, cando a maioría das cantautoras facían temas soul, DeShannon lanzouse na procura dun son que estaba facendo furor en bandas compostas principalmente por mozos. Comezou sacando singles ata que en 1963 saíu o seu primeiro LP Jackie DeShannon, pero sería ó ano seguinte cando Jackie DeShannon acadaría maior sona, grazas sobre todo ó single "Needles and Pins", composta por Jack Nitzsche e Sonny Bono, e que finalmente aparecería no LP Breakin' It Up on The Beatles (1964). Ese mesmo ano Jackie DeShannon colaboraba nun programa de radio dedicado exclusivamente ós Beatles, o que lle serviu para coñecer ós catro de Liverpool, pero para entón "Needles and Pins" xa contaba con algunha versión de importancia.
http://youtu.be/SSbM_Zmx9kA
A principal versión que se fixo de "Needles and Pins" e que chegou ós primeiros postos nas listas de vendas foi a de The Searches tamén en 1964. A nova versión tivo tanta repercusión co son beat que serviu de base a novas cancións.
http://youtu.be/ypv1lZlW1WY
A primeira desas cancións apareceu un ano despois do éxito de "Needles and Pins" da man de The Byrds. O single "I'll Feel a Whole Lot Better", que se inclúe no álbum Mr. Tambourine Man (1965) contén o seu riff de guitarra.
http://youtu.be/GaYqfI_tCkM
Pero antes de ir coa outra canción, unha curiosidade. O tema de The Byrds tamén conta cunha boa dose de versións, aínda que quizais a máis orixinal sexa a do arxentino Charly García, cunha letra adapatada ó español titulada "Me siento mucho mejor", do álbum Filosofía Barata y Zapatos de Goma (1990).
http://youtu.be/5oInx4_FkGE
Volvamos pois á versión de "Needles and Pins" de The Searchers. Esta reprodúcese ó comezo da canción de Megadeth "Use the Man", do álbum Cryptic Writings (1997).
http://youtu.be/gpW9MvgGXoU

Ningún comentario:
Publicar un comentario