O punk dos anos 70 reflectía como ningún outro subxénero do rock que a música ante todo era actitude. Na fornada de grupos punk que se formaron en Reino Unido nesa época seguindo a estela dos Sex Pistols, The Damned demostrou que tiña as ideas moi claras. Foi a primeira banda punk en facer unha xira polos Estados Unidos, en 1977, e ese mesmo ano telonearon a T. Rex nos que serían os derradeiros concertos da banda de Marc Bolan. E por se iso fose pouco, The Damned elixiu a Syd Barret como produtor do seu segundo disco, algo do que finalmente terían que desistir, xa que daquela o antigo líder de Pink Floyd aínda seguía cos mesmos problemas de saúde que o apartaran de Pink Floyd e do mundo da música. "Life Goes On", do álbum Strawberries (1982) é unha das cancións máis recordadas.
Killing Joke, unha banda coetánea de The Damned, baseouse no riff de guitarra de "Life Goes On" para crear "Eighties", canción que pechaba o álbum Night Time (1985) e que saíu como single.
http://youtu.be/B0uxOn1K8uc
E ese famoso riff volve aparcer nunha das grandes cancións de Nirvana "Come As You Are", pertencente ó mítico disco Nevermind (1991).
http://youtu.be/vabnZ9-ex7o
E ese famoso riff volve aparcer nunha das grandes cancións de Nirvana "Come As You Are", pertencente ó mítico disco Nevermind (1991).
http://youtu.be/vabnZ9-ex7o
Ningún comentario:
Publicar un comentario