Maurice Ravel foi un dos músicos máis prolíficos de finais do século XIX e comezos do século XX. Na meirande parte das súas composicións, o piano é o instrumento protagonista, pero se hai unha peza pola que Ravel é coñecido para o gran público é por "Boléro", concebido como un ballet para a bailarina Ida Rubenstein. Estrenouse en 1928 e a transcendencia que colleu dende aquela foi en aumento. Tanto o cinema coma a televisión recorreu a el en centos de ocasións, e mesmo os patinadores Jayne Torvill e Christopher Dean conseguiron unha medalla de ouro na categoria de danza de patinaxe nos xogos olímpicos de 1984 ó ritmo do "Bólero", unha actuación que aínda hoxe é moi recordada.
O "Boléro" deixou tamén a súa particular pegada na música contemporánea. Jeff Beck inspirouse nel no seu particular "Bolero", single que editou en 1967.
http://youtu.be/nmO0OZC6Ifk
Tamén Rufus Wainwright incorpora algúns arranxos da obra maxistral de Ravel no tema "Oh What a World" do álbum Want One (2003).
http://youtu.be/nmO0OZC6Ifk
Tamén Rufus Wainwright incorpora algúns arranxos da obra maxistral de Ravel no tema "Oh What a World" do álbum Want One (2003).
Unha das últimas adaptacións foi a da cantante de Benin Angélique Kidjo en 2007. A canción "Lonlon" do álbum Djin Djin reproduce a mesma melodía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario