O sexto disco de T. Rex Electric Warrior (1971) consagrou ó glam como un dos subxéneros do rock destinado a marca-lo son de toda unha década. A partir del, David Bowie, Roxy Music, Sweet e moitos outros apostaron por esta maneira de facer rock seguindo sempre os pasos marcados por Marc Bolan. En Electric Warrior está incluído o arquicoñecido "Get It On", símbolo indiscutible do glam e que sempre se asociará a T. Rex, pero as demais cancións non quedan atrás. Unha das mellores cancións dese álbum é sen dúbida "Jeepster", que bebe da fonte doutras dúas grandes cancións, como veremos. Tamén lle hai que recoñece-lo mérito a Tony Visconti, o produtor, que logo se encargaría dos principais traballos de Bowie, de situar o glam nun lugar privilexiado dentro do rock.
A primeira canción en que se inspira "Jeepster" é "You're My Baby", unha sensacional composición de Johnny Cash que lle cedeu a Roy Orbison para o seu álbum de debut Roy Orbison at the Rock House (1961).
A segunda canción pertence a unha das voces máis influentes do rock. Falamos nin máis nin menos que do gran cantante de blues Howlin' Wolf. En 1962 publicou o seu segundo disco Howlin' Wolf no que aparece "You'll Be Mine", unha canción composta por Willie Dixon, que asina a meirande parte dos temas do álbum.
Ningún comentario:
Publicar un comentario