En 1986 a BBC preparou unha serie documental sobre os celtas. A encargada de pórlle banda sonora á produción The Celts recaeu nunha compositora irlandesa que inauguraba con ese traballo unha fulgurante carreira marcada por un estilo único que foi acollido con entusiasmo pola xeración new age. Foi dese xeito como Enya irrumpiu na escena musical do momento. En The Celts ofrécenos quince cancións con son celta. Das que perviven na memoria colectiva dese disco, destaca "Boadicea", malia non ser talvez a mellor canción. A súa melodía calla facilmente no oínte, coma un besbexo, o que seguramente fai que "Boadicea" teña ese encanto peculiar por riba das demais.
Tan envolvente resulta "Boadicea" que a melodía se prestaba doadamente como trampolín para novas cancións. Os primeiros en fixa-la súa antención nela os rapaces de Fugees que a partir de "Boadicea" crearon "Ready or Not", un dos singles de máis éxito do seu debut The Score (1996). Non lle pediron permiso a Enya, o que anoxou bastante á cantante irlandesa.
http://youtu.be/bA1PAkKD3Q4
Xa nos últimos tempos, Mario Winans recuperou a "Bodicea" no seu tema "I Don't Wanna Know", no álbum Hurt No More (2004).
http://youtu.be/frvg9hfJYBo
A canción de Mario Winans tamén contén un sample da canción "You're a Customer", de EPMD, que está incluída no disco Strickly Business (1988).
Ningún comentario:
Publicar un comentario