Ás veces os artistas e os grupos teñen que ver publicado o seu terceiro disco para consagrarse definitivamente. Iso foi o que lle ocorreu a The Offspring, unha das banda punk máis recoñecidas dos anos 90. En 1994, editaron Smash, un dos grandes traballos dese ano tan bo para o estilo punk, xa que xunto co álbum de Green Day Dookie, o disco de The Offspring acadou unhas cifras de vendas altisímas para o que era costume nas bandas punk. A canción que ía producir este pequeno milagro non era outro que "Self Esteem", que nin sequera foi o single de lanzamento do álbum, pero foi o elixido en segundo lugar para promociona-lo disco. Dende aquela, a banda de Dexter Holland acadou unha popularidade que chega ata hoxe.
http://youtu.be/eeWjzBHUdsI
E non se sabe moi ben se foi casualidade ou non, pero ese mesmo ano no mes de decembro debutaba a banda londinense Bush co disco Sixteen Stone cun son que nalgunhas cancións lembraba moito ó de The Offspring. O máis significativo é "Little Things", cuns riffs de guitarra que remiten a "Self Esteem".
http://youtu.be/mWJ1RlWH4Qw
O estilo que comezou The Offspring e continuou con Bush, chegou mesmo ós países eslavos. Baseado no de Bush, os búlgaros D2 obtiveron un dos seus maiores éxitos con "Ne Moga Da Spra Da Te Obicham", cuxa tradución vén sendo algo así como "non podo deixar de amarte" e coa que debutaban en 1999.
http://youtu.be/NF0qfKk7eG4
Pero volvamos a "Self Esteem". Conta con boas versións nas voces doutros artistas e tampouco se librou de ser sampleada. Charles Hamilton encargouse de que a voz de Dexter Holland no gran éxito de The Offspring lle salvase a súa canción "Rockstar Girl", que nin moito menos é a mellor canción no repertorio deste rapeiro. Pertence ó álbum Outside Looking 82008).
http://youtu.be/F2A-uovms-w

Ningún comentario:
Publicar un comentario