O grupo feminino vocal que máis sobresaía na Tamla Motown foi The Supremes. A formación liderada por Diana Ross era unha fonte de ganancias para o selo de Detroit e cos anos, acentuouse o seu prestixo. Os xefes da Motown, sabedores do valor que tiñan, trataron de coidar ó máximo ó que para moitos era o gran tesouro da discográfica, beneficiando a The Supremes por diante doutros grupos similares que pertencían ó mesmo selo. Deste xeito producíase unha simbiose perfecta: os produtores rodeábanse dos mellores compositores e músicos para ofrecerlle ás Supremes un material moi traballado e elas devolvíanlles o favor pondo as súas privilexiadas voces e unha interpretación chamada a crear escola. "Where Did Our Love Go", do álbum do mesmo título, publicado en 1964 é un deses temas que fixeron grandes a The Supremes.
Un ano despois, outra formación vocal, pero esta vez masculina e tamén pertencente á Tamla Motown, sacaban unha canción cunha melodía que recorda moito á do tema das Supremes. Falamos de Four Tops e o tema "I Can't Help Myself (Sugar Pie Honey Bunch)", pertencente ó disco Four Tops' Second Album (1965). En realidade, nada estraño, xa que ámbalas cancións están asinadas polos mesmos autores e foron producidas polos mesmos produtores.
http://youtu.be/s3bksUSPB4c
Tamén se pode considerar unha brincadeira por parte de Four Tops a canción "It's the Same Old Song" do mesmo álbum, onde reproducen a mesma melodía de "I Can't Help Myself".http://youtu.be/2wYoLQc-x5g
Tamén se pode considerar unha brincadeira por parte de Four Tops a canción "It's the Same Old Song" do mesmo álbum, onde reproducen a mesma melodía de "I Can't Help Myself".http://youtu.be/2wYoLQc-x5g
E habería que esperar á última década do pasado século para que alguén volvese recuperar o son destas dúas cancións para transformalos nun só. Ace of Base, o grupo sueco que revolucionara as discotecas desa década coa súa música, inclúe no álbum Flowers (1998) "Always Have, Always Will" inspirándose no son Motown. Non é o mesmo, pero sempre podería ser peor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario