O mundo mítico creado por Tolkien na súa obra literaria "O Señor dos Aneis" (The Lord of the Rings) inspirou tanto películas, novas narracións coma composicións musicais de tódolos estilos posibles. A figura dun dos personaxes centrais, o mago Gandalf, centra a temática de "The Wizard", a canción que Black Sabbath editou no álbum epónimo da banda en 1970. O disco de debut da banda de heavy métal liderada por Ozzy Osbourne xira en torno a algúns dos elementos que chegaron a caracterizar a este tipo de bandas: a preferencia polo ocultismo, a maxia negra, o culto ó demo, etc. En definitiva, asentou as bases dunha temática que se habería converter na favorita de moitas outras bandas que sempre tiveron como espello a Black Sabbath.
Os rapeiros de Cypress Hill samplearon este clásico de Black Sabbath na canción "We Ain't Going Out Like That" no álbum Black Sunday (1993), un dos dous samples de Black Sabbath que aparecen nese disco.
http://youtu.be/dwTv1VXTb6M
Tamén do ano 1993 é a canción de Enigma "I Love You... I'll Kill You", pertencente a The Cross of Changes, que reproduce o son da harmónica de "The Wizard"e tamén recolle a influencia de Genesis, como ben ocorre con outras cancións de Enigma.
http://youtu.be/3gzeY9dehO8

Ningún comentario:
Publicar un comentario