Antes de que a franquicia de películas Mission: Impossible se convertese nunha máquina de facer cartos nos anos 90 e lle servise a Tom Cruise para seguir sendo un dos actores máis cotizados de Holliwood, existía entre os anos 60 e os 70 unha serie de televisión que sería o xermolo destas películas. Efectivamente, a serie Mission: Impossible xa contaba con tódolos ingredientes que haberían de surtir as longametraxes, respectando bastante ben o espíritu inicial da serie, e niso, tamén se inclúe a banda sonora. Ademais da famosa melodía que identifica a Misión Imposible, a banda sonora conta cunhas excelentes composicións que non quedan atrás. Un dos músicos que máis participou na elaboración da banda sonora da serie é o reputado compositor arxentino Lalo Schifrin, que escribiu pezas tan sinaladas como "Danube Incident" recollidas nun dos discos dedicados á banda sonora da serie. "Danube Incident" pertence a More Mission: Impossible (1968).
http://youtu.be/hZqR8POpCng
Como unha das composicións de Schifrin máis coñecidas, "Danube Incident" volveuse pór de moda nos anos 90, dous anos antes de que se estrease a primeira película. Coma se dun preludio se tratase, Portishead incorporou a melodía de "Danube Incident" a "Sour Times", unha das cancións do disco Dummy (1994).
http://youtu.be/AWXr68l6ACQ
E coincidindo coa revolución nas taquillas que supuxo o estreo da película en 1996, Heltah Skeltah incluían no disco que publicaron no verán dese ano Nocturnal a canción "Prowl" baseado no tema de Schifrin.
http://youtu.be/YlfkXsTQ2Jg
E tomando como referencia a canción de Portishead, The 411 cantaron "Teardrops", no álbum Between the Sheets (2004).
http://youtu.be/_L5HvgirCKQ

Ningún comentario:
Publicar un comentario