Neil Young sempre foi un músico con moitas inquietudes desde moi novo. Nos albores da súa carreira , coma calquera mozo que comeza, experimentou con tódolos estilos musicais na procura daquel que mellor lle acaese. Nesa búsqueda incesante que comezara tan cedo, Neil Young formou a banda The Squires xunto con Ken Koblun cando nin sequera fixera vinte anos, e aínda así, xa era o segundo grupo que o canadense formaba. The Squires tivo unha existencia máis ben breve e só deixou rastro cun single cuxa cara A é "The Sultan", cun son que parece sacado dunha película do Oeste e no que o mociño Young xa apuntaba maneiras de xenio.
Serían outros canadenses os que recuperarían solapadamente parte da melodía do único éxito de The Squires. Os fantásticos Arcade Fire homenaxean con esta lembranza a famosa cadeliña Laïka no álbum de debut Funeral (2004). A canción, por suposto, é "Neighborhood 2 (Laïka)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario