Para os críticos o grunge e o britpop son dous estilos antagónicos que non admiten conciliación. Se o segundo naceu coma unha reacción ó pesimismo que impregnaba as letras e os sons do primeiro, ó tempo que reflectía un ficticio enfrontamento entre o estilo americano e o británico, todo indicaba que era imposible que houbese bandas que se decantasen por ámbalas dúas visións de ver ó rock. E non obstante, no eido da música alternativa, onde se permite experimentar con todo, un grupo británico, Feeder, desafiou a orde establecida e compuxo un repertorio de cancións que se moven entre as fronteiras do grunge e do britpop. "Day In Day Out", extraído do segundo disco Yesterday Went Too Soon (1999), foi o single de presentación e hoxe consíderase unha das mellores cancións que compuxo Grant Nicholas.
http://youtu.be/NJ-jZQueieE
Baseada nesta canción de Feeder, The Dandy Warhols compuxeron "We Used to Be Friends", unha das cancións principais do álbum Welcome to the Monkey House (2003).
http://youtu.be/dncJiroxcXw
http://youtu.be/NJ-jZQueieE
Baseada nesta canción de Feeder, The Dandy Warhols compuxeron "We Used to Be Friends", unha das cancións principais do álbum Welcome to the Monkey House (2003).
http://youtu.be/dncJiroxcXw
Ningún comentario:
Publicar un comentario