"Summer in the City" é talvez a canción máis recordada de The Lovin' Spoonful. Pertence ó terceiro disco da banda formada por John Sebastian, Hums of the Lovin' Spoonful (1966). Naquel momento, John Sebastian atopábase nunha fase creativa que se vería refletida en gran medida nos traballos de The Lovin' Spoonful, como proba Hums of the Lovin' Spoonful onde participou na composición de tódolos temas, se ben "Summer in the City" tamén levan a sinatura de Mark Sebastian e Steve Boone, os outros dous compoñentes da banda que tamén adoitaban escribir algunhas das cancións.
A forza das guitarras de "Summer in the City" callou moi pronto noutras bandas. Cream, que no momento da publicación do disco de The Lovin' Spoonful estaba preparando o seu segundo traballo Disraeli Gearse e que editaría ó cabo dun ano, inspirouse no son de "Summer in the City" para a canción "Tales of Brave Ulysses". E iso que Eric Clapton tamén tiña na mente a camción "Suzanne" de Leonard Cohen que vimos hai uns días.
O éxito de "Summer in the City" radica sobre todo no éxito que tiveron ó longo do tempo as distintas versións doutros artistas que se decidiron a gravala. A última, a de Joe Cocker en 1993, fixo que seguise de actualidade, pero imos destacar unha das que cobraron unha entidade propia, cun estilo diferente onde se aprecia a pegada do seu creador. Trátase da do gran Quincy Jones no álbum You've Got It Bad Girl (1973).
http://youtu.be/jcSUi1VP00M
Massive Attack sampleou a versión de Quincy Jones xunto coa versión de Isaac Hayes da canción "Our Day Will Come" na canción "Exchange", do álbum Mezzanine (1998).
Massive Attack sampleou a versión de Quincy Jones xunto coa versión de Isaac Hayes da canción "Our Day Will Come" na canción "Exchange", do álbum Mezzanine (1998).
http://youtu.be/MVMXP3T3mTQ
Por certo, para que non nos quede atrás, velaquí a canción de Isaac Hayes que forma parte de "Exchange", do álbum ...To Be Continued editado en 1970. A versión orixinal deste tema é de 1963 e gravouna a formación de R&B Ruby & The Romantics. Recentemente apareceu unha versión de "Our Day Will Come" no álbum póstumo de Amy Winehouse Lioness: Hidden Treasures (2011).

Ningún comentario:
Publicar un comentario