Ás veces a traxectoria dun artista ou dun grupo quedaría no esquecemento máis absoluto se non fose por que outros conseguen rescatar algún fragmento dunha melodía, un acorde, algo que axuda a que o seu nome non desapareza da memoria colectiva. Helium, unha banda de rock alternativo formada en Boston a comezos dos anos 90, tivo unha andaina máis ben curta, xa que en 1998 os seus membros decidiron pórlle fin á aventura. A súa bagaxe componse de tres EPs e dous discos de longa duración. No primeiro que publicaron The Dirt of Luck (1995) está incluída a canción "Skeleton", que nin sequera se elixiu como single de promoción, pero a ela débenlle que o recordo de Helium siga vivo entre os colegas de profesión.
http://youtu.be/VK2q71f0XOI
E de feito, Sonic Youth foron os encargados de facer que "Skeleton" tivese unha segunda vida na canción "Sunday", o single de lanzamento do décimo disco da banda de Nova York. A Thousand Leaves publicouse en 1998, precisamente o ano en que Helium se disolvía.
http://youtu.be/KM-u6dk920M

Ningún comentario:
Publicar un comentario