Os himnos relixiosos xogaron moitas veces un importante papel no desenvolvemento da música contemporánea. É o caso que nos ofrece "Simple Gifts", composto en 1848 por Joseph Brackett para a seita dos shakers, comunidade relixiosa á que pertencía a familia de Brackett. Precisamente, esta calidade do himno fixo que tardase anos en ser coñecida fóra do ambiente shaker.
Habería que esperar a 1944 para que a melodía de "Simple Gifts" transcendese máis aló do shakers. E habería de ser grazas a Aaron Copland, que incluiría esa mesma melodía en Appalachian Spring, unha composición para o ballet de Martha Graham.
http://youtu.be/xDRWdNn_nLk
En 1963 apareceu unha das primeiras versións que apostaban por renovar e actualizar o himno tradicional. Nese caso a versión escrita por Sydney Carter cunha nova letra baixo o título "Lord of the Dance" só fixo que o interese polo himno orixinal aumentase.
http://youtu.be/P-LCIMWH0Nc
Xa máis irreverente resulta a canción de Toy Dolls "My Girlfriend's Dad's a Vicar", que reproduce a melodía de "Simple Gifts". Coma unha boa banda de punk, Toy Dolls non podían renunciar a unha das características deste estilo. "My Girlfriend's Dad's a Vicar" pertence ó disco A Far Out Disc (1985).
http://youtu.be/oJ82ljwlMp8
Pero se hai unha banda que se sentise engaiolada por "Simple Gifts", esa é Weezer. A banda de Rivers Cuomo xa mostrou a súa admiración polo himno shaker nas primeirísimas notas de "Across The Sea", do segundo álbum da banda Pinkerton (1996).
http://youtu.be/JOJYutNUCZY
Non obstante, Weezer ían homenaxear a "Simple Gifts" nunha das grandes cancións da banda, e posiblemente, das mellores que se teñen feito na última década baseada nese himno. Trátase de "The Greatest Man That Ever Lived (Variations on a Shaker Hymn)", que tal como recolle o subtítulo remítese de forma evidente á composición de Brackett. Pertence ó álbum epónimo da banda, tamén coñecido como The Red Album (2008) pola cor predominante da portada.
http://youtu.be/VP2NRvV24E8
Mais nesta última canción de Weezer hai máis influencias que "Simple Gifts". Moitos críticos sinalan que na súa composición tamén influíu de xeito notable a canción da Electric Light Orchestra "Mr. Blue Sky", extraída do álbum Out of Blue (1977).
http://youtu.be/bjPqsDU0j2I
E por dar unha reviravolta, Jeff Lynne inspirouse en dúas cancións dos Beatles para compoñer "Mr. Blue Sky". Unha delas é "A Day in the Life" (que xa vimos un día) e outra, quizais a que máis se nota sexa "Martha My Dear", extraído do álbum epónimo de 1968 e tamén coñecido como The White Album, algo no que se inspiraron os rapaces de Weezer para algunha das portadas dos seus discos.
http://youtu.be/sA7J7TgVbGA
En 1963 apareceu unha das primeiras versións que apostaban por renovar e actualizar o himno tradicional. Nese caso a versión escrita por Sydney Carter cunha nova letra baixo o título "Lord of the Dance" só fixo que o interese polo himno orixinal aumentase.
Xa máis irreverente resulta a canción de Toy Dolls "My Girlfriend's Dad's a Vicar", que reproduce a melodía de "Simple Gifts". Coma unha boa banda de punk, Toy Dolls non podían renunciar a unha das características deste estilo. "My Girlfriend's Dad's a Vicar" pertence ó disco A Far Out Disc (1985).
http://youtu.be/oJ82ljwlMp8Pero se hai unha banda que se sentise engaiolada por "Simple Gifts", esa é Weezer. A banda de Rivers Cuomo xa mostrou a súa admiración polo himno shaker nas primeirísimas notas de "Across The Sea", do segundo álbum da banda Pinkerton (1996).
Non obstante, Weezer ían homenaxear a "Simple Gifts" nunha das grandes cancións da banda, e posiblemente, das mellores que se teñen feito na última década baseada nese himno. Trátase de "The Greatest Man That Ever Lived (Variations on a Shaker Hymn)", que tal como recolle o subtítulo remítese de forma evidente á composición de Brackett. Pertence ó álbum epónimo da banda, tamén coñecido como The Red Album (2008) pola cor predominante da portada.
Mais nesta última canción de Weezer hai máis influencias que "Simple Gifts". Moitos críticos sinalan que na súa composición tamén influíu de xeito notable a canción da Electric Light Orchestra "Mr. Blue Sky", extraída do álbum Out of Blue (1977).
E por dar unha reviravolta, Jeff Lynne inspirouse en dúas cancións dos Beatles para compoñer "Mr. Blue Sky". Unha delas é "A Day in the Life" (que xa vimos un día) e outra, quizais a que máis se nota sexa "Martha My Dear", extraído do álbum epónimo de 1968 e tamén coñecido como The White Album, algo no que se inspiraron os rapaces de Weezer para algunha das portadas dos seus discos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario