O soul, o R&B e o funk nutríronse en moita ocasións de grupos compostos por membros da mesma familia, o que en moitos casos supuña en teoría unha garantía para as discográficas de que non habería as desavinzas que ás veces se producían noutro tipo de formacións. Quizais Sly and The Stone Family sexa un dos exemplos que mellor representa que traballar en famila na música trae bos resultados, pero hoxe imos fixarnos en Gladys Knight & The Pips, unha formación que comezou a súa andaina a comezos dos anos 50. Tal como recolle o nome, a estrela era Gladys Knight, que estaba acompañada dun irmán e de dous curmáns. Durante a súa carreira, militaron en varios selos discográficos, aínda que os seus maiores éxitos lográrono na Tamla Motown. "Love Finds Its Own Way" é un éxito menor incluído en I Feel a Song (1974) cando a formación levaba xa algúns anos no selo Buddah Records.
En 1997, Mr. E, líder de Eels, acordouse desta canción de Gladys Knight & The Pips para crear "Susan's House", canción do álbum Beautiful Freak (1997).
Ningún comentario:
Publicar un comentario