Unha das figuras relevantes tanto da música coma da literatura nas últimas décadas é sen dúbida, Leonard Cohen. A súa obra poética, chea de musicalidade, e a efeverscencia que vivía o folk nos anos 60 levaron os poemas de Cohen ós estudios de gravación, ás veces, mesmo no mesmo ano en que se publicaban. Ese foi o caso de "Suzanne", que cativou a Judy Collins de tal xeito que non tardou en gravalo para o álbum In My Life, o sexto que publicaba tras comezar a súa andaina a finais dos anos 50. Nese disco, a canción de Cohen está acompañada doutras asinadas por artistas da talla de Bob Dylan, os Beatles e Bertold Brecht, entre outros grandes.
O resultado satisfixo tanto a Leonard Cohen, que un ano despois aventurábase na música cun álbum propio titulado Songs of Leonard Cohen (1967), que se abre precisamente con "Suzanne". Era o comezo dunha carreira, que aínda hoxe levanta admiración.
http://youtu.be/otJY2HvW3Bw
A influencia de "Suzanne" é notable na canción de R.E.M "Hope", do álbum Up (1998), tanto que mesmo a banda de Michael Stipe incluíu a Leonard Cohen nos créditos da canción.
A influencia de "Suzanne" é notable na canción de R.E.M "Hope", do álbum Up (1998), tanto que mesmo a banda de Michael Stipe incluíu a Leonard Cohen nos créditos da canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario