Na formada de cantautores americanos que xurdiron a comezos dos anos 60, algúns conseguiron escribir o seu nome no mundo da música, como pode ser Bob Dylan, e outros, con menos sorte, lograron a duras penas que algunha das súas composicións permanecesen na memoria colectiva, e ás veces nin tan sequera na súa voz. O maior éxito de Joe South é "(I Never Promised You A) Rose Garden") foi unha canción máis cando a gravou en 1969 e nin sequera tivo tanto recoñecemento coma outras cancións do artista como "You're The Reason" e "Games People Play". Pero esa situación ía cambiar cando Lynn Anderson gravou a súa versión, e iso que antes dela outros artistas coma Freddy Weller e Dobie Gray xa a gravaran coa mesma fortuna que Joe South.
Efectivamente, a versión que Lynn Anderson gravou en 1970, incluída no álbum Rose Garden, ía darlle o pulo definitivo para que a canción de Joe South triunfase nas listas de vendas e motivase a moitos artistas a versionala. O estilo country que Lynn Anderson lle conferiu a "Rose Garden" foi irresistible tanto para ós músicos coma para o público.
Á marxe do éxito que tivo nos países anglosaxóns, "Rose Garden" tamén foi moi ben acollida no mundo latino, como ben proba as dúas versións existentes en castelán. A cantante colombiana María Antonia foi a primeira en adapta-la letra á lingua de Cervantes nos anos 70.
En España, a canción convertiríase nun dos maiores éxitos na voz de Mikel Erentxun en 1986. Nese ano aparecía o primeiro LP de Duncan Dhu Canciones co que Erentxun debutaba xunto con Diego Vasallo e Juan Ramón Viles, e a pesar de que non é a mellor canción do disco, arrasou e é das máis coñecidas da banda. A letra difire da de María Antonia.
http://youtu.be/tqnYqLLdBzk
Rose Garden tamén foi sampleado por Kon Kan na canción "I Beg Your Pardon", do álbum Move to Move (1988), mais como non é o único sample coñecido que aparece na canción de Kon Kan, analizarémola outro día.
Rose Garden tamén foi sampleado por Kon Kan na canción "I Beg Your Pardon", do álbum Move to Move (1988), mais como non é o único sample coñecido que aparece na canción de Kon Kan, analizarémola outro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario