Se hai unha canción que sobresaíu por riba de todas as do musical Carousel esa foi "You'll Never Walk Alone". Moitos artistas decidiron gravar unha versión, pero onde realmente "You'll Never Walk Alonde" se converteu en todo un himno foi nas bancadas dos campos de fútbol do Reino Unido. Os siareiros do Liverpool foron os primeiros en incorporala ós cantos de ánimo ós seus xogadores en Anfield xa nos anos 60 e pronto outras afeccións seguirían o seu exemplo coma o Celtic de Glasgow, ata facer que hoxe a canción composta por Richard Rodgers e Oscar Hammerstein estea máis asociado ó mundo do fútbol ca o dos musicais. Christine Johnson, a actriz de que daba vida a Nettie Fowler en Carousel, foi a primeira en interpretala, en 1945.
http://youtu.be/wlsUfOjVhrM
A pesar que conta cunha infinidade de versións, as máis emotivas sempre proceden das bancadas dos campos de fútbol, especialmente as de Anfield. Isto entendérono moi ben David Gilmour e Roger Waters, que non resistiron a tentación de engadir ese son único na canción "Fearless", do álbum Meddle (1971).
http://youtu.be/TeyHPAdxuy0
"You´ll Never Walk Alone" tamén está detrás da creación dalgúns éxitos de Queen. Seica tras un concerto, os fans puxéronse a cantala e iso lles deu a idea a Freddie Mercury e compañía de facer algunha canción co mesmo espíritu. De aí naceron dúas cancións tamén moi "futbolísticas" coma "We Will Rock You" e sobre todo, "We Are the Champions". Esta última aparece no disco News of the World (1977).
http://youtu.be/O71fetlkCZo
Tamén con numerosas versións, destaca a que fixeron en castelán La Unión no disco "Tributo a Queen" (1997).
http://youtu.be/SQedp1GOuP4

Ningún comentario:
Publicar un comentario