No debut epónimo de The Stylistics atopamos dúas grandes cancións, coma "Stop, Look, Listen (To Your Heart)" e "Betcha by Golly, Wood", do que nos ocupamos hoxe. Ó igual que a meirande parte das cancións do álbum, "Betcha by Golly Wood" compúxoa o produtor do álbum Thom Bell e a compositora Linda Creed, os cales formaron un magnífico equipo do que saíron importantes cancións de soul da época e un dos grupos máis beneficiados por eles foron The Stylistics. Porén, Bell e Creed ofrecéronlle primeiro esta canción a Connie Stevens, quen a gravou en 1970 co título "Keep Growing Strong" sen demasiado éxito.
Un ano despois, en 1971, mentres The Stylistics preparaban o álbum co que ían debutar, o produtor ofrecéullela cun novo título, "Betcha by Golly, Wow", e sería nas voces deste grupo de Filadelfía como a canción triunfaría e o título orixinal caeu no esquecemento, pois tódalas versións posteriores que se gravaron partiron da The Stylistics.
O tema tivo unha segunda xuventude na voz de Prince décadas máis tarde. Pertence ó album Emancipation (1996) e é a versión máis famosa de "Betcha by Golly, Wow".
Mariah Carey tomou varios elementos da canción para o seu tema "Stay the Night", do álbum The Emancipation of Mimi (2005).
Ningún comentario:
Publicar un comentario