Un ano despois da publicación do segundo álbum, Led Zeppelin volvían á carga con novo material. Igual que nos traballos anteriores, a banda formada por Jimmy Page, Robert Plant, John Paul Jones e John Bonham non se complicaron a vida na procura dun título rechamante e bautizárono como Led Zeppelin III (1970), onde se seguía afondando na mestura do folk e o blues co son máis duro do rock progresivo. Un dos mellores exemplos de rock blues do álbum é "Since I've Been Loving You", unha canción que asinan tódolos integrantes de Led Zeppelin, agás John Bonham, e que non adoitaba faltar en ningún dos concertos.
Robert Plant reelaborou algúns elementos de "Since I've Been Loving You" na canción do seu álbum en solitario Now and Zen (1988) "White, Clean and Neat".
En 1994 Plant e Page editaron un álbum en directo con algunhas das cancións de Led Zeppelin titulado No Quarter e "Since I've Been Loving You" non podía faltar, iso si, esta vez cun tratamento acústico respecto da orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario