O quinto álbum de Queen, A Day at the Races (1976), comeza con "Tie Your Mother Down", un tema de Brian May que escribiu mentres pasaba unha tempada en Tenerife mentres traballaba como astrónomo, e foi o segundo single do álbum tralo espectacular "Somebody to Love", de Freddie Mercury. "Tie Your Mother Down", que non é dos temas máis recordados de Queen, é unha excelente mostra de hard rock, onde predomina a forza das guitarras eléctricas en toda a composición, xa sen rastro da guitarra española coa que May debuxou os acordes. O propio Brian May deixou constancia en varias ocasións de que se inspirara nos riffs de dúas cancións rock para a elaboración dos trazos máis significativos de "Tie Your Mother Down".
Unha das cancións que influíron directamente en "Tie Your Mother Down" é a de Taste "Morning Sun", unha canción pertencente ó segundo álbum da banda irlandesa, titulado On the Boards (1970)
Cara ó final de "Tie Your Mother Down", os acordes aproxímanse á canción é a de T. Rex "Funky London Childhood", tema do álbum Prince of Players (The Alternate Dandy in the Underworld) (1976), que saíra en xaneiro, case un ano antes da publicación do disco de Queen.
https://youtu.be/higKU0UuN0Y
Por outra banda, a concepción de A Day at the Races é claramente cíclica, é dicir, a derradeira canción do álbum, "Teo Torriatte", remata cos mesmos acordes cos que comeza a primeira, que neste caso é "Tie Your Mother Down".
https://youtu.be/RSetfycYLFo
Por outra banda, a concepción de A Day at the Races é claramente cíclica, é dicir, a derradeira canción do álbum, "Teo Torriatte", remata cos mesmos acordes cos que comeza a primeira, que neste caso é "Tie Your Mother Down".
https://youtu.be/RSetfycYLFo
Ningún comentario:
Publicar un comentario