Volvemos con outro post temático, desta volta sobre unha das fontes de soños e desgrazas máis grandes que hai: os cartos. É que non son poucas as cancións que se fixeron sobre o vil metal e nunca está de máis facer un pequeno repaso sobre algunhas das máis coñecidas. Empezando como non, coa máis emblemática, a que Roger Waters escribiu para Pink Floyd no álbum The Dark Side of the Moon (1973), a famosa "Money", na que se fala do poder do diñeiro, aínda que xa se sabe que este non o pode mercar todo, empezando pola felicidade, e que hai xente tan pobre que só ten cartos... En fin, imos deixar os tópicos de momento e centrarnos na música. Esperamos que as seguintes cancións sexan do voso agrado. A primeira, como xa dixemos, "Money" de Pink Floyd.
https://youtu.be/JkhX5W7JoWI
Mais unha das primeiras cancións que se lle dedicaron os cartos foi a que Clyde McPhatter & The Drifters en 1953. Trátase de "Money Honey".
https://youtu.be/N8oNHMNCSjQ
En 1978 The Brains resumiron perfectamente o que cambian as cousas cando hai diñeiro de por medio en "Money Changes Everything", o único éxito que tivo esta banda.
https://youtu.be/zLWbp3w2eqM

Pero como xa se sabe, ás veces os cartos non son suficiente para o que se quere. Iso tívoo moi claro Mark Knopfler cando escribiu "Money for Nothing" e que aparece no álbum de Dire Straits Brothers in Arms (1985). A canción conta coa participación de Sting nos coros na última parte. Dese mesmo ano é a versión de Simply Red de "Money's Too Tight To Mention", que xa apareceu por aquí hai unhas semanas.
https://youtu.be/wTP2RUD_cL0
En 1988, Psychedelic Furs incluían no álbum All of This and Nothing a canción "All That Money Wants".
https://youtu.be/Gti22zo6sm0
En 1988, Psychedelic Furs incluían no álbum All of This and Nothing a canción "All That Money Wants".
https://youtu.be/Gti22zo6sm0
A canción de Babylon Zoo "All the Money's Gone", primeiro single de King Kong Groover (1999), co que tentaba repetir o éxito de "Spaceman" do anterior álbum, tamén fala da tristura que se produce cando os cartos voan. Desafortunadamente, o título desta nova canción pareceu profético porque non se volveu saber nada máis de Babylon Zoo.
https://youtu.be/ZsDecygKK3w
E por último a canción de Chumbawamba "She's Got All the Friends that Money Can Buy", do álbum WYSIWYG (2000) sobre a cantidade de amizades que fan os cartos.
https://youtu.be/Ip04ssomt40

Ningún comentario:
Publicar un comentario