Malia que o topónimo Hollywood é bastante frecuente en Estados Unidos, todo o mundo pensa na meca do cine cando alguén menciona ese nome. E de feito, precisamente debido á que a industria cinematográfica está establecida alí, Hollywood é un sinónimo de fábrica de soños, un lugar onde calquera pode triunfar, unha meta. Polo tanto, non estraña que moitos artistas leven facendo desde hai décadas cancións dedicadas a este lugar tan especial e nós, pola nosa parte, imos dedicar dúas entradas monográficas a algunhas cancións tituladas "Hollywood", como a de Labelle no álbum Pressure Cookin' (1973), cuxo título completo da canción é "(Can I Speak Before You Go To) Hollywood".
https://youtu.be/TnMqpAT0ubE
No ano 1977 apareceron varias cancións tituladas "Hollywood" aínda que pertencentes a estilos moi diferentes. A primeira foi a de The Runaways no álbum Queens of Noise, editado en xaneiro de 1977.
https://youtu.be/-g0PTluScRo
En abril de 1977 publicouse o álbum de Rufus Ask Rufus cunha canción "Hollywood" interpretada xunto con Chaka Khan.
https://youtu.be/_5XQ0lD8_lU
"Hollywood (Down on Your Luck)" foi un dos single do álbum de Thin Lizzy Renegade (1981).
https://youtu.be/QcVS4Kpdn0E
Red Hot Chili Peppers teñen a canción "Hollywood (Africa)", no álbum Freaky Styley (1985), que tamén foi single.
https://youtu.be/_dmIhjDf9Ns
E The Cranberries tamén teñen unha canción "Hollywood" no álbum To the Faithful Departed (1996).
https://youtu.be/GuCGmyF5te4
No ano 1977 apareceron varias cancións tituladas "Hollywood" aínda que pertencentes a estilos moi diferentes. A primeira foi a de The Runaways no álbum Queens of Noise, editado en xaneiro de 1977.
En abril de 1977 publicouse o álbum de Rufus Ask Rufus cunha canción "Hollywood" interpretada xunto con Chaka Khan.
"Hollywood (Down on Your Luck)" foi un dos single do álbum de Thin Lizzy Renegade (1981).
Red Hot Chili Peppers teñen a canción "Hollywood (Africa)", no álbum Freaky Styley (1985), que tamén foi single.
E The Cranberries tamén teñen unha canción "Hollywood" no álbum To the Faithful Departed (1996).
https://youtu.be/GuCGmyF5te4
Ningún comentario:
Publicar un comentario