Os primeiros éxitos como compositor de Graham Gouldman estaban pensados para as voces de The Hollies, pero finalmente sería unha banda pop de Manchester quen a mediados dos sesenta o consagraría coma un dos compositores do momento. Aquela banda respondía ó nome de Herman's Hermits e se precisamente aínda hoxe permanece na memoria colectiva do pop é grazas as cancións de Gouldman. Quizais a máis importante na discografía de Herman's Hermits sexa "No Milk Today", que aparece no quinto álbum da banda, There's a Kind of Hush All Over the World (1967). Trata dun leiteiro, dos que tiñan que encher as botellas que os clientes deixaban na porta ás mañás segundo o costume británico, namorado platonicamente dunha das clientas; un día, ó non ver a botella na porta da muller, o leiteiro desespérase pensando no motivo, e supoñendo que no peor dos casos a muller mudouse xunto coa familia.
Un ano despois, o propio Graham Gouldman gravouna para o seu propio disco de debut, The Graham Gouldman Thing (1968), pero sen o éxito que acadou con Herman's Hermits. Recuperou a versión de 1968 no compilatorio da súa banda 10cc Greatest Hits... And More (2006).
Ningún comentario:
Publicar un comentario