A banda sonora das películas de James Bond consagrou a traxectoria musical de Shirley Bassey, que desde que a elixiran para o tema central de Goldfinger (1964) foi unha voz recorrente para as cancións das películas protagonizadas polo famoso espía. O dúo de música electrónica Propellerheads estivo moi atinado cando compuxo un tema ó estilo dos de Bond e llo ofreceu a Shirley Bassey porque era a cantante ideal para "History Repeating", a canción estrela de Decksandrumsandrockandroll (1998), o único álbum de estudio de Propellerheads. Apenas un ano antes da publicación do álbum, os rapaces de Propellerheads traballaran no tributo á música de James Bond Shaken and Stirred: The David Arnold James Bond Project remesturando a canción de John Barry "On Her Majesty's Secret Service".
A ex Spice Girl Geri Halliwell comezou a súa carreira en solitario coa canción "Look at Me", onde a influencia de "History Repeating" é máis que evidente. Con esa canción estreábase o álbum Schizophonic (1999).
Ningún comentario:
Publicar un comentario