A finais dos anos noventa, Gregg Alexander era o produtor do momento. O seu proxecto New Radicals entrara con moi bo pé nas listas de medio mundo e a crítica loaba aquel magnífico álbum Maybe You've Been Brainwashed Too (1998), con trallazos coma "You Get What You Give" que o situaran no centro do panorama musical. Ó pouco, chovéronlle as propostas para colaborar con outros artistas. Participou no compilatorio de Texas e tamén se encargou da produción do álbum en solitario co que debutaba o antigo componente de Boyzone, Ronan Keating. O primeiro single de Ronan (2000) foi precisamente un tema escrito por Alexander, "Life Is a Rollercoaster", que se converteu nun dos temas daquel verán.
Uns anos despois, Gregg Alexander editou en formato MP3 unha canción cun retrouso que por veces traía á memoria a canción do álbum de Ronan Keatingh.
Ningún comentario:
Publicar un comentario