Como temos costume de ver no blog, hai grupos que basean o seu traballo nos samples alleos, facendo así unha sorte de arte da remestura que moita xente critica como unha falta evidente de creatividade, polo que lles resta mérito, mentres que para outros estes grupos rescatan cancións moitas veces esquecidas, á marxe do resultado que obteñan, que ás veces pode ser francamente bo. Hoxe é a quenda de Unkle, un dúo inglés dedicado á música electrónica e o trip hop dende mediados dos noventa. Malia que aínda non deron con esa gran canción decisiva que marque un punto de inflexión na súa traxectoria, James Lavelle e Tim Goldsworthy, os artífices de Unkle, ségueno intentando coas diveras influencias que marcan o seu estilo, algunhas tan boas como Joy Division e Frank Zappa. "Panic Attack" é unha das cancións do seu segundo álbum Never, Never, Land (2003).
A composición de "Panic Attack" xira en torno a dous temas da mesma época. Un é o de Richard Pinhas, "Variations sur le theme de Bene Gesserit", pertencente a Chronolyse (1978).
O outro é a canción de Joy Division "She's Lost Control", do debut Unknown Pleasures (1979).
Ningún comentario:
Publicar un comentario