Richards Rodgers e Oscar Hammerstein II asinaron algúns dos mellores musicais do pasado século. Un deles foi Carousel, que se representou en Broadway en 1945 cun éxito tal que dous anos despois comezaba unha xira polos Estados Unidos para presentalo nos mellores teatros, e non tardaría en chegar a Europa, onde tivo unha fabulosa acollida no West End londinense. As cancións deste musical funcionaban ben, mesmo por si soas e os discos vendíanse independendentemenete da representación teatral. Por certo, Gerry and the Pacemakers, unha banda de Liverpool como os Beatles e que tamén tiña a Brian Epstein como mánager, acadou o número un das listas en 1963 cunha das súas cancións. Á marxe disto, coma tódolos musicais, Carousel combinaba cancións con pezas instrumentais, como "Carousel Waltz", a peza para orquestra que abre o primeiro acto.
E coa música de "Carousel Waltz" comezan os Dire Straits unha das súas mellores cancións "Tunnel of Love", do álbum Making Movies (1981). De forma case imperceptible, "Carousel Waltz" marca os primeiros acordes do tema dos Dire Straits, un dos poucos que Mark Knopfler non asina en solitario.
John Legend, que tamén é un namorado da música dos Dire Straits, aproveitou "Tunnel of Love" para a base da súa canción "I Love, You Love" do álbum Evolver (2008). Alomenos, a guitarra de Knopfler segue soando tan ben coma na canción orixinal.