Como unha das bandas de referencia dos anos 80, New Order era un proxecto máis que consolidado cando publicaron o quinto disco Technique (1989), un traballo que a diferenza dos antecesores, afondaba nos sons dance que ían marcar a década seguinte, sen renunciar á personalidade que New Order se fora forzando dende as súas orixes. Deste modo, Technique converteuse no álbum máis exitoso na carreira de New Order, que aínda logrou rabuñar uns feixes de novos fans. "All the Way", o segundo corte dese disco, non foi elixido como single e nin sequera se pode dicir que sexa das mellores cancións, mais o seu son é un resume perfecto do son dos anos 80, alegre e sofisticada a un tempo.
Moitos sinalan o gran parecido que existe entre esta canción de New Order e a de The Cure "Friday I'm in Love", sobre todo no son do baixo. Pertencente a Wish (1992), o noveno disco da banda de Robert Smith, "Friday I'm in Love" é das cancións máis luminosas da carreira de The Cure.
Ningún comentario:
Publicar un comentario