A figura do apóstolo San Xoán, tamén como coñecido nos países anglosaxóns como Xoán o Revelador por escribir o libro da Apocalipse, suscitou un dos himnos gospel máis famosos. En 1930 Blind Willie Johnson entrou nun estudio de gravación de Columbia Records para deixar constancia da beleza deste himno, que cun toque blues, ía lograr pervivir ata chegar ós nosos días como un referente para moitos artistas.
Unha das versións que se fixeron de "John the Revelator" é a de Son House no álbum The Legendary Son House: Father of the Folk Blues (1965). Tamén en clave gospel blues coma na de Blind Willie Johnson, a de Son House é a capella. Tamén introduciu importantes modificacións na letra e na melodía, aínda que mantén a mesma estrutura, pero que fai a súa versión totalmente diferente.
Pode dicirse que moitas das cancións que se escribiron sobre o evanxelista San Xoán inspíranse indirectamente no himno de Blind Willie Johnson malia que souberon afastarse dabondo, de tal xeito que mesmo ás veces é difícil identificar a orixe. Vexamos agora algúns exemplos recentes. O álbum de debut de The White Stripes está dedicado a Son House e a influencia do seu "John the Revelator" é clara na canción "Cannon". O álbum epónimo co que The White Stripes comezaban a súa andaina publicouse en 1999.
http://youtu.be/dJbftrcn41c
Tamén a canción que Dave Matthews escribiu con Santana "JRT", do álbum The Lilywhite Sessions (2001), garda relación con "John the Revelator".
http://youtu.be/bKk-EFUwsaA
Os seguintes que tamén se inspiraron en "John the Revelator" son os membros da banda de heavy Clutch na canción "Profits of Doom", que aparece no álbum Blast Tyrant (2004).
http://youtu.be/M3XEIOqWtnA
E xa finalmente, a canción que máis repercusión tivo nos últimos anos co título de "John the Revelator", foi a de Depeche Mode no disco Playing the Angel (2006).
http://youtu.be/752Gev1guKw

Ningún comentario:
Publicar un comentario