En 1963 editábase o single de Sam Cooke "Another Saturday Night", adianto do álbum Ain't That Good News, que se publicaría nos primeiros meses de 1964. O título do álbum é un bo indicador do estado de ánimo de Cooke trala perda do seu fillo, pero o que tampouco podería adiviñar ninguén e que ese ía ser o derradeiro traballo musical que Sam Cooke publicaba en vida. Sen dúbida, un dos seus mellores discos, co anticipo de "Another Saturday Night" xa se intuía que a pesar dos problemas persoais que atravesaba, Sam Cooke estaba nun gran momento compositivo. Hoxe é un dos seus temas máis versionados.
Unha das primeiras versións que tamén acadou os primeiros postos nas listas de vendas foi a que gravou Cat Stevens en 1974 e que pechaba o primeiro recompilatorio de grandes éxitos do cantautor británico. The Greatest Hits de Cat Stevens publicouse en 1975 tivo unha gran acollida precedida polo éxito da versión do tema de Sam Cooke.
O cantautor francés Claude François mantiña unha boa amizade con Stevens tras adaptar ó francés "Wild World" e decidiu facer o mesmo con "Another Saturday Night", que así se transformou en "La vie d'un homme" en 1975.
Ningún comentario:
Publicar un comentario