Ata a publicación do cuarto disco Red Hot Chili Peppers era unha banda de rock alternativo non demasiado coñecida máis aló das fronteiras dos Estados Unidos, pero cando Anthony Kiedis, Chad Smith, Flea e John Frusciante editaron Mother's Milk no verán de 1989 quedaba claro que a banda se dirixía cara a un son máis comercial na procura de novas portas por abrir. E abofé que lograron o seu obxectivo con creces. Mother's Milk foi o disco máis vendido de Red Hot Chili Peppers nesa altura e xa anticipaba o éxito mundial que haberían de ter co seguinte traballo Blood Sugar Sex Magik dous anos despois e que suporía á chegada ó cumio para esta banda californiana. E por se fose pouco, no camiño ó estrelato o son de Red Hot Chili Peppers non precisou homoxeneizarse co de outras bandas parecidas que garantían un éxito rápido, e Red Hot Chili Peppers puido conservar o seu estilo de facer música que co tempo, converteuse na súa pegada máis valorada. "Pretty Little Ditty" é unha das cancións incluídas nese cuarto álbum que, en certa medida, supuxo un punto de inflexión na andaina de Red Hot Chili Peppers.
"Pretty Little Ditty" ten unha segunda vida no tema de Crazy Town "Butterfly", do álbum The Gift of Game (2000).
Ningún comentario:
Publicar un comentario