Norman Cook é un dos músicos con menos acougo do Reino Unido, pois durante a súa carreira, que comezou a comezos dos anos 80, levou a cabo proxectos musicais de todo tipo. A maioría da xente recórdao sobre todo por The Housemartins, unha bandas que nos anos 80 triunfou con cancións como a versión a capella de "Caravan of Love". Tampouco hai que esquecer a Freak Power, banda de brevísima traxectoria, pero do máis interesante, que a mediados dos 90 engalanou os oídos dos melómanos con "Turn On, Turn In, Cup Out", que estaba no únido disco editado Drive-Thru Booty (1994). Pois ben, a penúltima aventura de Norman Cook, Fatboy Slim, tivo un éxito comparable ou incluso superior á de The Housemartins. A popularidade de Fatboy Slim disparouse sobre todo coa publicación do single "The Rockafeller Skank", un compendio de distintos samples como veremos a continuación, pertencente ó album You've Come a Long Way, Baby (1998). De momento, con The Brighton Port Authority aínda non deu coa tecla do éxito masivo que tivo con Fatboy Slim.
Unha das cancións empregadas por Norman Cook e tamén a que máis se evidencia en "The Rockafeller Skank" é a instrumental de Just Brothers "Sliced Tomatoes" do ano 1972.
A letra do retrouso, e que se repite a cada momento está sacada da canción de Lord Finesse "Vynil Dog Vibe". A canción comeza con esa frase para acabar sendo un tema instrumental.
Tamén está presente a famosa versión de Bobby Fuller de "I Fought the Law (and the Law Won)" en 1965.
E tamén se pode apreciar a canción de Art of the Noise "Peter Gunn", do álbum In Visible Silence (1984), no que participa Duane Eddy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario