David Bowie comezou a décadas dos 80 da mesma maneira coa que rematou á anterior: triunfando e sen deixar en ningún momento de ser un referente. Se Scary Monsters (and Super Creeps) (1980) aínda se podía entender coma unha continuación dos discos anteriores, de feito, sinálase como o último da triloxía berlinesa, Let's Dance (1983) mostraba a un novo Bowie, que renunciaba á produción con Tony Visconti, co que tan ben lle fora, e decidía traballar con Nile Rodgers, sumándose así á moda de moitos grupos que vían no fundador de Chic a clave do éxito rápido, cousa que podería sorprender tratándose dun artista consagrado coma Bowie. En calquera caso, Let's Dance superou as expectativas e o single que lle daba título ó disco está considerada hoxe como unha das mellores cancións do Duque Branco.
http://youtu.be/N4d7Wp9kKjA
A transcendencia que pronto obtivo "Let's Dance" pode apreciarse nunha das cancións de Duran Duran, que por aquela época era unha das bandas máis importantes do momento. O comezo de "Union of the Snake", canción do terceiro disco Seven and the Ragged Tiger, publicado a finais do ano 1983 ten algúns trazos que lembran a Bowie.
http://youtu.be/tyC3b_WG7N0
De "Let's Dance" tamén se sacaron samples moito máis recoñecibles, sobre todo por artistas de hip hop, coma Puff Duddy, que no álbum No Way Out (1997) incluíu este tema "Been Around the World", xunto con Notorious B.I.G e Mase baseado en "Let's Dance".
http://youtu.be/MCoAwpQagm0
O mesmo camiño seguiu Craig David en "Hot Stuff" no álbum Trust Me (2007).
http://youtu.be/LijjQi5l6bw
Tampouco ten maior historia a canción reggae de Collie Buddz "My Everything", de 2009, o sample só está ó comezo e quizais sexa o maior mérito da canción. Hai algunha máis, pero tampouco vale moito a pena mostralas. Con estas son suficientes.
http://youtu.be/XKqqGgeMmlg

Ningún comentario:
Publicar un comentario