Para o cuarto álbum de The Waterboys, Fisherman's Blues (1988), Mike Scott decidiu darlle unha volta ó son da banda. Cara a finais dos oitenta, o folk irlandés parecía renacer no pop rock do momento; Simple Minds introducía nalgunha das súas cancións un toque celta e o éxito que estaba colleitando The Pogues deixaba ás claras a nova tendencia, así que The Waterboys tamén decidiron contribuír á moda. De aí que no novo álbum se afondase máis nese compoñente folk, que a dicir verdade sempre estivo latente na música de The Waterboys. Con algunha versión de Van Morrison e a musicalización dun poema de Yeats, Fisherman's Blues é un dos discos máis representativos de The Waterboys e a canción que lle dá título é unha boa mostra da arte da banda.
https://youtu.be/_VKouBHarIo
A música de The Waterboys é unha das grandes referencias do son de Celtas Cortos. No álbum de versións que os de Valladolid fixeron chamado Introversiones (2010) non podía faltar un tema de The Waterboys, e neste caso o elixido foi "Fisherman's Blues", que ademais abre o disco. Adaptada ó castelán, "Blues del Pescador" é unha das cancións máis coñecidas do disco.
https://youtu.be/isEYYOiMtCU

Ningún comentario:
Publicar un comentario