A ninguén se lle escapa que a ópera prima de Imagine Dragons Night Visions (2012) foi un dos mellores debuts dos últimos anos. Xa antes de que deran o salto definitivo probaran sorte lanzando algún EP con algunhas das cancións que despois haberían de formar parte de Night Visions. Desde logo, non lles cabeu dúbida de que unha das que tiña que estar presente no álbum de longa duración co que se ían dar coñecer ó mundo era "Radioactive". Esta canción funciona tan ben que a escolleron como segundo single, co convencemento de que aqueles que aínda non caeran rendidos con "It's Time" faríano agora con "Radioactive" e xa de paso, descubrirían o debut dunha banda con moitas cousas que ofrecer.
Tras colaborar durante certo tempo coa radio belga Q-music facendo versións dos éxitos actuais, como o de Gotye que xa vimos, Within Temptation publicou un álbum de versións titulado The Q-music Sessions (2013). A de "Radioactive" é unha das máis sorprendentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario